1. PARTICIPANTES 
O concurso vai dirixido ao alumnado de
Educación Secundaria, Bacherelato e
Formación Profesional de Galicia, cun
límite de idade para presentarse de 21 anos. 
2. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS 
O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en
branco/negro ou cor.
• Máximo de 3 fotografías por participante
• As fotografías serán en formato dixital e
só se poderán enviar por correo
electrónico.
• Data de entrega: antes do 10 de marzo
de 2015.
• Non poderán levar marcas de auga. 
3. PRESENTACIÓN 
Os autores deberán:
• Enviar as fotografías por correo
electrónico a fotomonelos@gmail.com cos
seguintes datos: nome e apelidos, DNI,
idade, teléfono, enderezo, centro de
estudo, curso.
• Poñerlle un título a cada foto. 
4. XURADO 
• Estará formado por un representante da
Asociación de antigos alumnos, outro do
Instituto Monelos e tres profesionais ou
estudosos da fotografía. 
 5. PREMIOS
5. PREMIOS  
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
• O xurado considerará a posibilidade de
conceder accesits con premios.
• Premio especial dunha bolsa para
realizar un proxecto fotográfico. 
6. EXPOSICIÓN
 
A organización do concurso poderá
utilizar as fotografías seleccionadas e as
premiadas para a súa difusión
(exposicións, edicións, etc.). 
NOTA. A participación no concurso supón
a aceptación das presentes bases.
As novedad deste ano e que temos unha edade maxima para participar que sera
de 21 anos . Recordade que non se poden superar os 21 anos a data maxima de
presentacion das fotos.
Comprobaremos mediante o DNI que esa edade sexa certa. Recordade tedes que mandar as fotos ao correo electronico mediante un apodo.