The 5th European competition of bookmarks
Aínda que este ano, o Día das Letras Galegas adícase a Xosé Filgueira
Valverde, escollemos traballar con Rosalía de Castro no proxecto. Ela
foi a primeira autora homenaxeada no Día das Letras Galegas en 1963.
Rosalía de Castro é unha autora moi coñecida, recoñecida
internacionalmente e ten moitas das súas obras traducidas a diferentes
idiomas. Tamén ten moito material didáctico publicado.
O obxectivo principal deste proxecto é dar a coñecer a lingua galega e
a obra da escritora Rosalía de Castro. Os estudantes deseñarán
marcapáxinas inspirados na obra en galego desta autora e empregarán as
novas tecnoloxías como medio de traballo.
O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o
V concurso europeo de marcapáxinas
Sobre a figura de Rosalía de Castro
Bases:
1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e
inéditos. O prazo de admisión será até o 8 de maio e o xurado dará a
coñecer a súa decisión a finais do mes de maio.
2. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
3. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.
4. Medidas: 18x5 cm.
5. Formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
6. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 e un terceiro por valor de 50.
7. Os premios non se poderán declarar desertos.