miércoles, 5 de noviembre de 2014

Videos concurso Axenda dixital 2020

Aquí están os enlaces os 4 vídeos realizados polo alumnado de TIC de 1º Bac A/C. para o concurso "Curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020" que ten como obxectivo gravar un vídeo onde se visualice como imaxinamos que a Tecnoloxía transformará Galicia no futuro.

1) Un soño futurista
Autores: Fátima Fernández Calo, Antía Deira Fernández, Antía Dieste Galbán, Marcos Pérez Parrado, Manuel Carou Muñiz. 
Titor: Juan Carlos Couto Vázquez
Sipnose: Esta historia trata sobre unha rapaza que cando se desperta non esta vivindo no seu ano. Dase conta de que despertou no 2020 e atopa na mesa un xornal, onde aparcen todas as innovacións, como por exemplo a teletransportación, curas contra o cancro, chips para que os cegos poidan ver…


2) Tres min no futuro
Autores: Iván García Ouviña, Tareixa Gómez Silva, Alba Arufe Pérez, María Suárez Rial, Andrea Suárez Sánchez
Titora: Isabel Cobas Fernández
Sipnose: Nun telexornal chamado "Telesteiro" a noticia principal do día é un documental no que se nos ensinan as novas tecnoloxías en Galicia no ano 2020, así como os avances en mediciña e seguridade.


 

3) Un futuro de chapa
Autores: Rocío Pérez Torres, Laura Hermo Rebollido, Belén Hermo Rebollido, Agustín Rodrigo Figueira Cárcamo, Ignacio Ezequiel Figueira Cárcamo
Titora: Belén Arrojo Arrojo
Sipnose: Nacho e Belén, como cada mañan, levantanse e encenden os seus robots, os cales aparentemente son iguais a eles, pero feitos de chapa. O longo do día, os robots fan as tarefas que, cinco anos atrás, os humáns facían: van ao instituto por eles, van a facer a compra ..... A tecnoloxía avanza, pero Nacho e Belén comproban o que sucede, porque por moito que avance nunca chegara a ser perfecta.

 

4) Un paseo desde o futuro
Autores: Noelia López Caamaño, Rubén García Ces, Sara Outeiral Lago, Ainoa García-Puertas Pérez
Titor: Carlos Rodríguez Río
Sipnose: A curtametraxe é entorno o ano 2020. Xa non hai profesor nas aulas, fanse as clases en skype. Ruben e o profesor, e Sara, Ainoa e Noelia son as alumnas. Empeza cunha chamada de skype, o profesor explicando o que van facer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario