lunes, 22 de septiembre de 2014

CONCURSO DE CURTAS CO MÓBIL DA AXENDA DIXITAL DE GALICIA 2020

 Cómo te imaxinas que a Tecnoloxía transformará Galicia no futuro?


Se tes entre 14 e 18 anos pon a túa imaxinación en marcha e axúdanos a ver Galicia a través das novas tecnoloxías!
  • Que tes que facer? Grava un vídeo de 3 minutos de duración máxima onde nos mostres como te imaxinas o futuro a través da tecnoloxía.
  • Cando? O prazo de presentación das curtas estará aberto desde o 15 de setembro ata o 30 de outubro de 2014.
  • Por que? Formarás parte da elaboración da nova Axenda Dixital – Horizonte 2020 e ademais se resultas un dos gañadores recibirás unha tableta. Os vídeos serán publicados nas redes sociais da Amtega onde poderá elexir os teus favoritos.
  • Descarga as bases do concurso e a autorización de menores: Bases do Concurso ADG2020 - Autorización Menores Concurso ADG202, 
  •  Inscrición

Práctica 1:Crear contas de mail en GMAIL

1) Debe crearse unha conta de correo en GMAIL co seguinte nome de usuario: nomeapelido.barranha de modo que todos os alumnos dispoñan dunha conta de correo nomeapelido.barranha@gmail.com

2) Envio dun correo a profesora: belenarrojo.barranha

Práctica 0 : Presentacións Powerpoints e Prezi

Co obxectivo de realizar unha avaliación inicial realizanse e expoñense presentacións powerpoint por cada un dos alumnos relacionadas con diferentes temas. Algun dos exemplos son: Os ordenadores- Evolución histórica, Hardware, Programas de edición fotográficos, Programas de edición de audio e de vídeo, Programas de edición de substítulos, Prezi e Wordpress.

Faise unha primeira avaliación non só do dominio do powerpoint senón tamén das técnicas de elaboración dunha presentación, esquematizacións e presentación en público. Cada alumno fai a súa presentación, posteriormente fanse comentarios, propostas de mellora e un debate entre todos.

Benvidos ao curso 2014/15

 
Blogue onde os alumnos de 1º Bacharelato A/C da asignatura Tecnoloxías da Información e a Comunicación irán publicando enlaces os blogues personais de cada un deles cas súas imaxes, vídeos, as súas actividades, prácticas.... comentarios e noticias relacionadas cas TIC's.