Mostrando entradas con la etiqueta GIMP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GIMP. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de abril de 2015

eTwinning 2015: V concurso europeo de marcapáxinas


 Alt Image

 The 5th European competition of bookmarks

Aínda que este ano, o Día das Letras Galegas adícase a Xosé Filgueira Valverde, escollemos traballar con Rosalía de Castro no proxecto. Ela foi a primeira autora homenaxeada no Día das Letras Galegas en 1963. Rosalía de Castro é unha autora moi coñecida, recoñecida internacionalmente e ten moitas das súas obras traducidas a diferentes idiomas. Tamén ten moito material didáctico publicado.

O obxectivo principal deste proxecto é dar a coñecer a lingua galega e a obra da escritora Rosalía de Castro. Os estudantes deseñarán marcapáxinas inspirados na obra en galego desta autora e empregarán as novas tecnoloxías como medio de traballo.
O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o
V concurso europeo de marcapáxinas
Sobre a figura de Rosalía de Castro

Bases:
1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 8 de maio e o xurado dará a coñecer a súa decisión a finais do mes de maio.
2. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
3. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.
4. Medidas: 18x5 cm.
5. Formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
6. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 e un terceiro por valor de 50.
7. Os premios non se poderán declarar desertos.

Práctica 17: Prácticas Gimp

Realizade as 6 Prácticas do Gimp entregadas e publicade como entrada no voso blogue para cada unha das prácticas as imaxes iniciais e finais retocadas co Gimp. As prácticas son as seguintes:


Práctica 17.1 GIMP: La primera imagen

Práctica 17.2 GIMP: Selecciones y capas

Práctica 17.3 GIMP: Logotipos

Práctica 17.4 GIMP: Clonado

Práctica 17.5 GIMP: Montaje sombras

Práctica 17.6 GIMP: Montaje rostro


Exemplo Practica 1: Imaxe inicial







                                      e imaxe final

Imaxe dixital: GIMP

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos coma fotografías. É un programa libre e gratuíto. Está englobado no proxecto GNU (sistema operativo completamente libre).
Gimp é unha alternativa firme, potente e rápida a Photoshop para moitos usos, aínda que non se desenvolveu como un clon del e posúe unha interface bastante diferente.
GIMP le e escribe a maioría dos formatos de ficheiros gráficos, entre eles; jpg, gif, png, pcx, tiff, os de Photoshop, ademais de posuír o seu propio formato de almacenamento de ficheiros, xcf. É capaz de importar ficheiros en pdf. Tamén importa imaxes vectoriais en formato svg creadas, por exemplo, con Inkscape.

GIMP. Aquí podedes descargalo.