Mostrando entradas con la etiqueta Fotos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotos. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de abril de 2015

Imaxe dixital: GIMP

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos coma fotografías. É un programa libre e gratuíto. Está englobado no proxecto GNU (sistema operativo completamente libre).
Gimp é unha alternativa firme, potente e rápida a Photoshop para moitos usos, aínda que non se desenvolveu como un clon del e posúe unha interface bastante diferente.
GIMP le e escribe a maioría dos formatos de ficheiros gráficos, entre eles; jpg, gif, png, pcx, tiff, os de Photoshop, ademais de posuír o seu propio formato de almacenamento de ficheiros, xcf. É capaz de importar ficheiros en pdf. Tamén importa imaxes vectoriais en formato svg creadas, por exemplo, con Inkscape.

GIMP. Aquí podedes descargalo.

lunes, 10 de noviembre de 2014

Práctica 13: Picasa 3

Cas fotos subidas nos anteriores albúms facer o seguinte empregando Picasa 3:

1) Crear dous collage e publicalos nos vosos blogues

2) Crear dous posters e publicalos tamén.

3) Elexir 3 fotos e facer diferentes retoques usando para elo as diferentes ferramentas que estan na carpeta imagenes e publicalas no blogue explicando os retoques realizados

miércoles, 29 de octubre de 2014

Práctica 12: Albums web Picasa

Facendo uso da aplicación flickrr vista anteriormente e dos albums web picasa crear varios albúms en Picasa Web (Para iso ir a google- fotos e crealos alí), posteriormente publicalos e copiar a URL para insertalos no blogue.