miércoles, 29 de octubre de 2014
Práctica 12: Albums web Picasa
Picasa 3 e albúms de fotos en Picasa
QUE É?
Picasa é o software gratuito de Google que permite modificar e mellorar as fotos.
PARA QUE?
Picasa e Álbumes web de Picasa simplifican o traballo de organizar e de modificar as fotografías dixitais e logo crear álbumes online para compartilos.
Podes utilizar Picasa para deseñar e imprimir collages de fotos, crear presentacións de diapositivas con vídeo, engadir texto ás fotos ou ver as túas favoritas no escritorio ou como salvapantallas.
Podes publicar un álbum de fotos online só con un clic.
Podes mellorar casi todas as imaxes gracias ás ferramentas de Picasa para problemas comunes como os ollos roxos, as cores e a iluminación. Tamén podes perfeccionar e aplicar efectos as fotos. Ademais podes engadir facilmente etiquetas xeográficas as fotos para recordar onde as quitaches utilizando Google Maps.
As opcións de Picasa Web de subir imaxes é moi limitada, so podemos subir 5 imaxes ou arquivos de video.
Pero co programa Picasa unha vez instalado no ordenador podemos subir á web albumes enteiros, tendo en conta que Picasa Web regala 1 GB de almacenamento.
COMO INSTALAR PICASA NO ORDENADOR
Para descargar Picasa grátis
http://www.softonic.com/s/descargar-picasa-3-gratis-espanol
PARA QUE?
Picasa e Álbumes web de Picasa simplifican o traballo de organizar e de modificar as fotografías dixitais e logo crear álbumes online para compartilos.
Podes utilizar Picasa para deseñar e imprimir collages de fotos, crear presentacións de diapositivas con vídeo, engadir texto ás fotos ou ver as túas favoritas no escritorio ou como salvapantallas.
Podes publicar un álbum de fotos online só con un clic.
Podes mellorar casi todas as imaxes gracias ás ferramentas de Picasa para problemas comunes como os ollos roxos, as cores e a iluminación. Tamén podes perfeccionar e aplicar efectos as fotos. Ademais podes engadir facilmente etiquetas xeográficas as fotos para recordar onde as quitaches utilizando Google Maps.
As opcións de Picasa Web de subir imaxes é moi limitada, so podemos subir 5 imaxes ou arquivos de video.
Pero co programa Picasa unha vez instalado no ordenador podemos subir á web albumes enteiros, tendo en conta que Picasa Web regala 1 GB de almacenamento.
COMO INSTALAR PICASA NO ORDENADOR
Para descargar Picasa grátis
http://www.softonic.com/s/descargar-picasa-3-gratis-espanol
COMO SUBIR E CREAR ALBUMES WEB EN PICASA
Tutorial: Cómo publicar fotos com Blogger.com & Picasa 3
http://www.youtube.com/watch?v=K_jnsVZimzg
COMO ACCEDER AOS ALBUMES WEB DE PICASA COA NOSA CONTA DE GOOGLE
Aplicacións: Flickrr

QUE?
Flickr é un grande almacén de fotografías e vídeos en liña.
PARA QUE?
Serve
fundamentalmente para gardar fotografías, como un álbum enorme que non
nos ocupa espazo no disco duro do noso ordenador, pero tamén para
compartir fotos, xa que son de uso libre (non existen dereitos sobre as
imaxes colgadas na rede dentro deste programa). Tal como figura na
propia páxina da aplicación, a súa función principal é o intercambio.
Ademais funciona como un arquivo pois as fotografías están ordenadas e organizadas mediante etiquetas que facilitan as buscas.
ONDE?
O enderezo electrónico é moi sinxelo: http://www.flickr.com/
aínda que en castelán figura como www.flickr.com/groups/flicrkrenespaol
Máis sinxela é a versión de flickrcc (http://www.flickrcc.bluemountains.net/)
COMO?
Hai
dúas posibilidades dentro deste programa: unha versión gratuíta, que é a
que nos interesa aos usuarios en xeral, e outra versión de pagamento.
Coa primeira versión temos a posibilidade de subir dous vídeos e 100 Mb
en fotos por mes (na de pago a capacidade é ilimitada).
Para
crear unha conta é preciso un ID de Yahoo. Se non o tes na mesma páxina
podes crealo, só precisas cubrir os datos típicos para rexistrarte
(nome, apelido, sexo, data de nacemento, país, etc.). Despois só tes que
inscribirte.
Pero
realmente o máis cómodo é usar a variante flickrcc que resulta moito
máis sinxela. Aquí non necesitas rexistrarte para ter acceso ás
fotografías e podes seleccionalas e modificalas ao teu antollo mediante o
programa picnik:
- dentro de editar: rotar, recortar, cambiar tamaño, cor, enfoque, eliminar os ollos vermellos;
- dentro de crear: incluír efectos, engadir textos, adhesivos, marcas, adornos, empregar modelos con motivos predeterminados (Día da Nai, Pascua, San Valentín, vacacións, etc.).
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
Para máis información podedes botar man dos titoriais que existen na rede:
www.portal.educ.ar/debates/educacionytic/debate/el-mundo-en-un-telar-de-imagenes-.php (no Portal educativo do Estado arxentino)
www.emagister.com/tutorial-flickr-cursos-2463653.htm
martes, 28 de octubre de 2014
Google Calendar
Servizo
de Google que nos permite crear unha axenda acesible dende web ou
móvil, que poderemos compartir con outros, incrustar nunha páxina web ou
blogue, e dende a que obter recordatorios por correo electrónico ou
mensaxe de móvil
ONDE?
Na páxina principal de google clic sobre calendar ou directamente aquí
COMO?
1.
Precisamos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de
acceso escribimos nome de usuario e contrasinal. Resistrámonos (Nome,
Apelidos, Ubicación...)
2.
Despois do resistro accedemos a páxina principal do calendario.
Podemos empezar a usar o calendario por defecto que levará o nome da
nosa conta de correo electrónico e crear outros. Tamén aparecerá por
defecto o de días festivos.Sobre cada calendario creado, poderemos
editar os detalles, decidir como o queremos compartir e configurar as
notificacións
3. Sobre os días do calendario escribimos os eventos que nos interesan e editamos as súas propiedades.
4.
Se queremos publicar o noso calendario por exemplo nun blogue debemos
configuralo como compartido. Facemos botón dereito dobre o calendario
que queremos compartir e en configuración do calendario facemos clic
sobre "incrustar este calendario", personalizamos as opcións, copiamos o
código e o pegamos no blogue.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
videotitoriais en youtube e outros
lunes, 27 de octubre de 2014
Uso do programa EMBEDR

Que é?
Embedr
é un servizo en liña que permite crear listas personalizadas de videos
que se atopan aloxados en outros servidores coma YouTube, MySpace
Video, DailyMotion, MetaCafe, Veoh, Vimeo, Blip.tv e outros.
Para que serve?
OUTRA FUNCIÓN "embedr"
Tamén nos permite seleccionar videos por temas. Exemplo, queremos videos sobre a auga, pois procedemos de seguinte maneira.
1 e 2 (coma no apartado anterior)
3. Picamos en "smart playlist"
4. En "keyword", poñemos a palabra clave, exemplo. "water", e podemos cubrir os apartados referentes a categoria, rexión etc, de xeito intuitivo para os que non sabemos inglés.
5. Procedemos como no apartado anterior: Picamos en "Preview playlist"e vemos os elexidos
Logo picamos en "close review" e por último picamos en "create playlist", e xa aparece o código"embed" que debo copiar e pegar no blogue.
Moi útil para cando queremos mostrar varios videos xuntos.
Imaxinemos
que queremos mostrar varios videos, teríamos que ir copiando e pegando
a URL de cada un deles, pola contra con este servizo non é necesario.
Prócedese da seguinte maneira:
1. Poñemos en google ou outro servidor a palabra "emberd"
2. Logo picamos en "Build a playlist"
3. Na parte esquerda da pantalla aparecen dous recadros:
a) "Playlist Description": aquí describimos o video e o lugar onde se atopa.
b) "Playlist Tags": poñémoslle a etiqueta que nos interese, por exemplo: medi0 ambiente.
Logo
no centro aparece "Playlist Title", aquí debemos poñer o título tal
cual figura no servidor de onde imos recoller ese video, (YouTube,
MySpace Video, DailyMotion, MetaCafe, Veoh).Tamén aparece un recadro que
na súa dereita pon "add", é aquí copiamos a "url" ou o "embed code" do
video que queremos poñer na nosa lista.
4.
Picamos en "add" e carga o video elexido por nós. Así facemos con cada
un dos videos ata ter a lista completa dos que queremos importar, e
van aparecendo numerados un debaixo do outro.
5.
Pulsamos na parte esquerda en "preview playlist", e sae a lista cos
videos seleccionados por nós, (ainda que pareza que só está un,
realmente están todos, esto está indicado por un nº que aparece na parte
de abaixo da pantalla que os mostra)
6. Picamos en "close preview"
7.
Finalmente picamos debaixo de"preview playlist" en "create list".
Entón saen os videos que nos puxemos cun "embed code" que copiamos e
pegamos no noso bloggue.
8.
Xa podemos disfrutar de velos todos seguidos.(Na barra horizontal que
aparece na parte de abaixo do video, ao movela imos escollendo o que
desexamos ver nese intre)
OUTRA FUNCIÓN "embedr"
Tamén nos permite seleccionar videos por temas. Exemplo, queremos videos sobre a auga, pois procedemos de seguinte maneira.
1 e 2 (coma no apartado anterior)
3. Picamos en "smart playlist"
4. En "keyword", poñemos a palabra clave, exemplo. "water", e podemos cubrir os apartados referentes a categoria, rexión etc, de xeito intuitivo para os que non sabemos inglés.
5. Procedemos como no apartado anterior: Picamos en "Preview playlist"e vemos os elexidos
Logo picamos en "close review" e por último picamos en "create playlist", e xa aparece o código"embed" que debo copiar e pegar no blogue.
viernes, 24 de octubre de 2014
Caixa de sons: IVOOX
QUÉ?:
Ivoox
PARA QUÉ?
Para aloxar ficheiros de audio, escoitar e descargar programas de radio, podcasts, revistas, conferencias, concertos, audiolibros..., poderemos descargar os ficheiros ou incrustalos nun blogue ou páxina web
ONDE?
www.ivoox.com
COMO?
1. Para subir un ficheiro sonoro debemos en primeiro lugar rexistrarnos.
2. No rexistro debemos indicar, nome, país, sexo, dirección de correo, nome de usuario,contrasinal (para entrar en ivoox, diferente á da conta de correo) aceptar as condicións e encher o "captcha"
3. O rexistro finaliza ao abrir o noso correo e facer clic no link que nos envían dende o servizo.
4. Xa podemos subir os nosos ficheiros mp3. Clic en subir>subir audio. Poñemos título, descrición, eliximos categoría, palabras clave etc. Aceptamos e envíamos. Nun segundo paso buscamos no noso equipo o ficheiro de audio ou video que queremos subir, ou se está en internet poñemos a URL.
5. Unha vez procesado o documento poderemos localizalo na nosa zona privada, ou simplemente co buscador a partires do nome ou parte do mesmo.
6. Se queremos incrustar nun blogue ou web un ficheiro sonoro, unha vez atopado, facemos clic en "Llevátelo a tu web o blog", eliximos o tipo de reproductor e copiamos o código que pegaremos no blogue.
Práctica 11: Slideshare
Usando as aplicacións Slides vistas anteriormente (Slideshow e Slideshare) buscade varias presentación sobre diferentes temas e publicades no voso blogue. Para descargas esas presentacións necesitaredes rexistrarvos nas aplicacións Slides. Ver Titorial Slides.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

